A intervención de Tino Fernández "a última hora", clave para traer a Lucas Pérez

|

RichardbarralRichard Barral, na sala de prensa. Foto: RC Deportivo


Tras un mercado de fichaxes que se alongou ata o último día, o director deportivo do Dépor fai balance e afirma que o equipo composto "é para estar tranquilos e Primeira".


Inevitablemente, Richard Barral dedicou tempo á chegada de Lucas Pérez, sobre a que dixo que "unha intervención do presidente a última hora foi clave" para desbloquear a cesión.


"Non quero pensar que pasaría se non chega a vir", valorou. E aínda que non desvela a cifra económica, asegura que "non é barato, pero practicamente a metade do que se está dicindo por aí".


E é que o apartado económico é fundamental para o club. "Só vendemos se pagan a cláusula, se temos un recambio igual ou a mellor prezo, ou que o xogador cho poña moi complicado", aclarou "pero a decisión do consello é que o club creza, que non se debilite"


Referíndose a esas condicións, desvelou que "non se deu ningunha desas circunstancias" para a saída de Florin Andone, do que recoñece que "houbo dúas ofertas importantes da Premier por el", pero nin o xogador nin o club quixeron separar os seus camiños.


E sobre a fichaxe de última hora dun porteiro, Pantilimon, aclarou que pola lesión de Rubén "recorremos ao que había no mercado que coñeciamos. A Pantilimon tiñámolo en carteira pero tiñamos un problema económico. Aí, unha chamada de Gino Pozzo, que lle estamos agradecidos axudounos. Asumiu gran parte do salario e a cesión gratuíta. Se non fose así, custaríanos moito traer un porteiro de nivel".


relacionada Lucas Pérez: "Non contemplaba outra opción que non fose o Deportivo"
relacionada Lucas Pérez, de volta 366 días despois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress