Prisión sen fianza para un presunto pirómano reincidente na comarca do Deza

|

Piromanoincendiariogc


O Xulgado de Instrución número uno de Lalín decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o veciño de Agolada, G.V.C. de 40 anos, detido como presunto autor de 16 incendios forestais rexistrados en agosto na comarca do Deza e en Santiso, e que xa foi detido en anos anteriores por provocar máis de 180 incendios.


Así o comunicaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), despois de que o home fose posto na mañá deste luns a disposición do Xulgado de Instrución número un de Lalín, que se atopa en funcións de garda. En concreto, é investigado por delitos de incendios forestais.


No marco da operación 'Ignis Arbor', que buscaba determinar a autoría dos incendios forestais rexistrados durante a primeira quincena de agosto na comarca do Deza, a pasada fin de semana procedeuse á detención deste home cando acababa de prender lume en dous puntos do monte en Ferreiroa (Agolada).


A investigación centrouse sobre el tras situalo co seu vehículo no lugar onde se iniciaron nove incendios forestais os pasados días 24 e 26 de agosto. A partir de aí, púidoselle vincular a outros lumes rexistrados tamén no mes de agosto; co que, en total, considéraselle o presunto autor de 16 incendios forestais: 13 en Agolada, dous en Lalín e un en Santiso.


O home foi detido en 2012 como autor de máis de 150 incendios forestais na comunidade galega, e investigado en 2015 por unha trintena de incendios máis rexistrados na provincia de Pontevedra; e a investigación actual segue aberta para tratar de determinar se é responsable doutros 12 lumes rexistrados en Agolada durante este verán.


relacionada Máis incendios forestais, pero 600 hectáreas queimadas menos que o ano pasado
relacionada De madrugada e con varios focos á vez, así actúan os incendiarios
relacionada Arco Iris pide que se divulgue a identidade e a foto dos incendiarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress