Os examinadores de tráfico manteñen a folga parcial no novo curso

|

AutoescolasAs autoescolas, desesperadas.

Os examinadores de tráfico reinician este luns unha folga de carácter parcial con paros convocados para todos os luns, martes e mércores do mes de setembro.


Esta nova convocatoria de folga parcial substitúe a folga indefinida que, nun principio, ía producirse, igualmente, a partir do 4 de setembro. Con todo, a Asociación de Examinadores de Tráfico (Asextra) decidiu "realizar un cambio na estratexia de folga" o pasado 23 de agosto, un día despois da reunión que mantivo o colectivo coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), na non se chegou a ningún acordo sobre a situación. Tampouco houbo puntos de encontro en relación a establecer servizos mínimos.


A folga provocou perdas económicas no sector das autoescolas, que comezaron a valorar a posibilidade de reclamar á Administración os danos e prexuízos.


Amplía esta información en Pressdigital.


relacionada As autoescolas ourensás vense empurradas "ao abismo e o peche"
relacionada Os examinadores de tráfico cambian a folga indefinida por paros parciais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress