Comeza o prazo de presentación de candidaturas para as primarias do PSdeG

A partir do mércores terán dúas semanas para reunir os avais entre a militancia para facer oficiais as súas candidaturas.


|

Psdegpsoe


O prazo de presentación de precandidaturas para as primarias do PSdeG arrinca este luns 4 de setembro e pecharase un día máis tarde, o martes 5.


Será entón cando se abra un prazo de dúas semanas para recoller os avais necesarios e, deste xeito, oficializar as candidaturas de cara ao 8 de outubro, data na que os socialistas galegos escollerán o seu novo líder.


Ata o momento son tres as persoas que expresaron o seu desexo de competir na carreira pola Secretaría Xeral do PSdeG: o portavoz no Pazo do Hórreo, Xoaquín Fernández Leiceaga; o seu compañeiro no hemiciclo e deputado pola Coruña Juan Díaz Villoslada e o militante vigués Gonzalo Caballero.


Os precandidatos necesitan a firma dun 10 por cento dos militantes ou, o que é o mesmo, dun total de 1.014 afiliados en base ao censo pechado a data do 1 de abril.


O calendario de primarias e congreso foi ratificado a pasada semana pola xestora do PSdeG, presidida por Pilar Cancela, quen, días máis tarde, mantivo unha reunión co secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, para informalo sobre o proceso interno dos socialistas galegos.


Así, as primarias nas que se elixirá o novo secretario xeral terán lugar o 8 de outubro e o congreso do que sairá a nova dirección celebrarase do 27 ao 29 do mesmo mes.


relacionada Os tres aspirantes a liderar o PSdeG coincidiron nun acto multitudinario
relacionada Participación e debate interno, receitas dos aspirantes para liderar o PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE