Críticas aos intereses ocultos da reforma da Lei de Saúde galega

"Non é unha medida de mera reorganización, senón que dá un paso máis cara á total privatización da sanidade", denuncian.


|

Hospitalmedicos


A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade cargou contra a reforma do sistema sanitario galego anunciada pola Xunta, á que acusa de regalar "cun lazo" a sanidade pública á empresa privada.


A través dun comunicado emitido este sábado, a plataforma expresou o seu apoio á mobilizacións convocadas en diferentes puntos da xeografía galega para protestar contra unha reforma que, entre outras cuestións, reducirá o número de áreas sanitarias a sete.


Así, denunciou que o anteproxecto "non é unha medida de mera reorganización, senón que dá un paso máis na concentración das capacidades de xestión cara á total privatización da sanidade; un camiño no que veñen transitando, desde hai moitos anos, os diferentes gobernos do 'PPSOE'", sinala o comunicado.


Deste xeito, a plataforma apunta que "as reorganizacións administrativas non son neutrais", senón que a reforma "só ten un obxectivo: desmantelar os servizos públicos para beneficio da empresa privada".


Ademais, vincula a esta idea os recentes movementos do sector da sanidade privada ao redor da proposta de eliminar as listas de espera cirúrxicas, contratando esas operacións con hospitais privados.


Así as cousas, realizou un chamamento para acudir ás manifestacións convocadas nas áreas sanitarias do Salnés, Valdeorras e A Mariña para reclamar a retirada do anteproxecto de lei e, deste xeito, "frear a privatización do sistema".


Con todo, sinala que a hipotética marcha atrás da Xunta na reforma do sistema sanitario galego "só sería un paso" no camiño por conseguir "unha verdadeira sanidade 100% pública", xa que para isto sería preciso a derrogación de "a Lei 15/97, o decreto do 2012, o artigo 90 da Lei Xeral de Sanidade e o artigo 135 da Constitución".


relacionada O plan da sanidade privada contra as listas de espera custaría 88 millóns a Galicia
relacionada O Sergas gastará 180.000 euros en cambiar o cartel de catro hospitais
relacionada O PSdeG esixe debate e consenso para a reforma da Lei de Saúde galega
relacionada Amplo rexeitamento á reforma sanitaria que crea "hospitais de segunda"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE