Os Cines Compostela pechan de novo case un ano despois da reapertura

Os seus xestores aproveitan a súa mensaxe de despedida para reivindicar o "apoio" ás salas máis pequenas.


|

Salacine 2Reivindican apoio para as salas pequenas.


Os Cines Compostela pecharon de novo as súas portas na capital galega, tras case un ano de reapertura e dun proxecto co que se tentou traer de novo o concepto das salas de barrio a Santiago.


Este mesmo sábado, a directiva publicou unha mensaxe nas redes sociais co que se despiden dos clientes habituais e no que dan as grazas a todos aqueles que apoiaron este proxecto, reiniciado en outubro de 2016.


"Vistes ben se pasastes por en fronte do cinema. Cines Compostela pechou as súas portas (polo menos ata novo aviso) Custa dicir adeus a un proxecto que estivo na vida e nas horas de moita xente de Santiago. As pantallas apáganse e as luces non se volverán acender", sinalan a través da súa páxina de Facebook.


Ademais do agradecemento á cidadanía de Compostela, aproveitaron esta mensaxe de despedida para reivindicar o "apoio" ás salas máis pequenas e á proximidade deste modelo, fronte aos multicines das grandes superficies comerciais.


A pesar diso, a organización confiou en que estes locais da Rúa de Ramón Piñeiro poidan reabrir de novo da man duns novos xestores que aposten por esta proposta.


"Apoiade os cinemas de barrio. Sabemos que non somos como os grandes multi-cines, pero o contacto co público era o que máis nos gustaba. Pechamos outra etapa destes cinemas, esperando que alguén poida levalos adiante. Adeus amigos. E boa sorte. O cinema morreu. Viva o cinema!", conclúen.


relacionada Ourense, entre as provincias españolas con máis baixa concentración de salas de cinema
relacionada O IVE dos espectáculos en directo baixa do 21 ao 10%

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE