O aluguer vacacional nas zonas turísticas de Galicia roldou o 100% de ocupación

Os datos do mes de agosto superan aos de xullo, segundo o sector, que se queixa do "acoso" de inspectores de Facenda.


|

SilgarnochePraia de Silgar, en Sanxenxo. Foto: turismo.gal


A ocupación de vivendas turísticas para aluguer vacacional nas principais áreas turísticas galegas roldou o 100 por cen durante o mes de agosto, segundo sinalou a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).


Esta entidade, a través dun comunicado de prensa emitido este sábado, cualifica como "espectaculares" os datos de ocupación do oitavo mes do ano, que superan os rexistrados durante xullo.


Así, desataca que nos principais destinos da provincia de Pontevedra --Sanxenxo, Cambados, Bueu, A Illa-- chegaron ao "cheo absoluto" durante o primeiros quince días de agosto, período no que se viron "desbordados".


Aviturga tamén sinalou outras áreas que excederon o 90 por cento de ocupación durante agosto, como A Coruña cidade, Santiago de Compostela, A Pobra, Camariñas, Noia, Fisterra, Viveiro ou Ribadeo.


"ACOSO" DA AXENCIA TRIBUTARIA


Así as cousas, asegurou que "non houbo ningún tipo de incidencia" nos aloxamentos dos seus asociados, aínda que denunciou que si recibiron "multitude de queixas" polo "acoso" da Axencia Tributaria.


E é que, segundo afirman, os axentes presentábanse nas vivendas ocupadas por turistas "timbrando a horas temperás, incluso someténdoos a preguntas a través do telefono".


Con todo, Aviturga cualifica como "excepcional" a tempada estival e avanza que as previsións de ocupación para o mes de setembro "tamén son moi positivas".


relacionada Presentadas máis de 4.200 solicitudes de vivendas turísticas en Galicia
relacionada O TSXG rexeita suspender o decreto galego de vivendas turísticas
relacionada Carmela Silva alerta contra a masificación dos destinos turísticos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE