Localizada ilesa unha peregrina perdida entre Fisterra e Muxía

|

CabofisterraCabo Fisterra. Foto: turismo.gal

Unha peregrina foi localizada ilesa tras perderse na mañá deste venres entre Fisterra e Muxía, segundo informou o 112 Galicia.


O 112 recibiu a alerta a través da propia muller de fala inglesa antes do mediodía. A peregrina indicaba que se atopaba nun carreiro moi estreito, nunha zona de montaña abrupta, á beira do mar. Engadía no seu relato que camiñara polo monte desde a praia de Ou Rostro, durante dous quilómetros dirección Muxía.


Así, mobilizouse un amplo dispositivo de procura co helicóptero da Guadia Civil, unha embarcación de Salvamento Marítimo, Gardacostas, así como Protección Civil de Fisterra e de Cee.


Finalmente, a peregrina foi localizada no albergue de Lires, no municipio de Fisterra, e atópase ben, segundo sinalan as mesmas fontes.

relacionada As razóns relixiosas son as que máis empurran a facer o Camiño
relacionada Ourense protexe aos seus peregrinos con chalecos de alta visibilidade
relacionada Morre un peregrino ao caer desde uns 5 metros de altura en Carral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress