Caballero esixe que o Cunqueiro se converta nun centro de referencia

|

Cunqueiro 5

Exterior do hospital Álvaro Cunqueiro.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este venres ao Sergas e á administración autonómica que "preparen" o Hospital Álvaro Cunqueiro para ser centro sanitario de referencia nacional, como xa o son os complexos hospitalarios de Santiago e A Coruña para un total de 14 patoloxías.


En declaracións aos medios, o rexedor olívico mostrou a súa "incredulidade absoluta" porque a xerencia do Hospital se mostre "encantada" co feito de que Vigo non teña un centro de referencia. "Din que están preparados, pero menten, porque se o estivesen serían referencia e non o son", constatou Caballero.


O alcalde volveu lembrar que o Ministerio de Sanidade outorgou ese recoñecemento a hospitais de Santiago e A Coruña, que son referencia nacional para patoloxías como epilepsia refractaria, queimados críticos, tumores intraoculares, transplante pulmonar, transplante de páncreas, ou ortopedia infantil, entre outras.


"Galicia é referente para 14 patoloxías, en Santiago e A Coruña, ningunha en Vigo", denunciou novamente.


relacionada A solución "máis lóxica" para o Cunqueiro é que o parking da Xunta sexa gratuíto
relacionada O Cunqueiro reforma os boxes de Urxencias polas peticións dos usuarios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress