Brais Méndez aspira a consolidarse no primeiro equipo

|

Braismendezcelta


Se o curso pasado, Pape aproveitou as oportunidades de estar dacabalo entre o filial e o primeiro equipo, esta tempada é Brais Méndez o que aspira a ter un oco ás ordes de Unzué.


O canteirán xa é habitual, pero considera que esta "é unha tempada ilusionante para min porque é un cadro de persoal curto e iso dálle máis oportunidades á xente que vimos de abaixo", explica.


Aínda que está na mesma situación que Pape a tempada pasada, o seu referente é Aspas. "É a imaxe na que todos nos fixamos", sinala, argumentando que "se criou aquí, sabe o que é isto e é un exemplo para todos".


"Estou a disposición do míster para o que el necesite e se non xogarei co filial, que é o meu equipo", explica. Méndez tamén conta que pode xogar "tanto en medio campo como nas tres posicións de arriba, non teño ningún problema aínda que me sinto máis cómodo por dentro e non me sinto para nada incómodo xogando en banda".


relacionada O Celta empeza a vender roupa para os días que non hai partido
relacionada O Celta, decidido a non repetir o mal inicio da pasada liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress