A falta de choivas no último ano supera o 25% en Galicia

|

ParaguaslluviaOnce meses con pouca auga.


A falta de choivas acumulada desde o 1 de outubro de 2016 ata o 29 de agosto de 2017 supera amplamente o 25 por cento en Galicia, igual que noutras rexións do noroeste peninsular e Canarias, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).


Así, a Aemet precisa que o valor medio das precipitacións acumuladas neste período no conxunto de España é de 531 litros por metro cadrado, é dicir un 12 por cento menos que o valor medio normal que correspondería a este período, que son 601 litros por metro cadrado.


Con todo, sobre as choivas da última semana, nos días dl 23 ao 29, a provincia de Ourense foi un dos puntos onde máis choveu de España, acumulando 59 litros por metro cadrado, só por detrás da serra madrileña.


Mentres, planea sobre Galicia a declaración de alerta por seca, pendente das reunións de varios organismos responsables.


relacionada Galicia, a un paso de decretar a alerta por seca este mes de setembro
relacionada Gandeiros e medios de extinción, obrigados a compartir depósitos de auga en Ourense

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress