O Sergas gastará 180.000 euros en cambiar o cartel de catro hospitais

Os socialistas consideran "obsceno" este gasto en pleno debate sobre a reforma da Lei de Saúde que augura máis recortes.


|

JuliotorradoJulio Torrado, portavoz socialista de Sanidade.

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, tachou de "obsceno" que en pleno debate sobre a reforma da Lei de Saúde o Sergas convocase un concurso por 183.000 euros para cambiarlle o cartel a catro hospitais da Coruña


O responsable socialista criticou estes gastos "cando o propio goberno, en nome da eficacia e da optimización de recursos, está a modificar a Lei máis importante da sanidade de Galicia precisamente para reducir servizos e recortar a atención sanitaria dos cidadáns". "Mentres os galegos e galegas queremos investir en médicos e mellorar a atención sanitaria o PP prefire comprar carteis e facer publicidade", resumiu.


E é que a Xunta adxudicou tamén outros 212.000 para propaganda do Sergas.


O portavoz socialista lamentou que tanto o PP como o goberno galego "parezan empeñados en facernos ver que viven á marxe da realidade dun sistema sanitario cun grave déficit de recursos", dando "liberdade á súa obsesión por reducir servizos" e por cambiarlle o nome a un hospital, mentres "advertimos que estas frivolidades custan diñeiro".


Torrado lembrou que no anterior período de sesións, e mentres a Cámara autonómica debatía sobre a necesidade de máis recursos, de aprobar plans de mellora sanitaria ou da situación dos centros de saúde, o PP levaba unha proposta para cambiarlle o nome ao Hospital da Mariña.


Advertiu que "os galegos e galegas saben ben que o PP quere reducir a sanidade pública e deixar o camiño aberto para as clínicas privadas", como demostra o récord de alegacións ao anteproxecto da Lei de Saúde, que en pleno mes de agosto xuntou 1.600 achegas cidadás, ou das mobilizacións convocadas contra a desaparicións das áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Valdeorras e Lemos.


relacionada Amplo rexeitamento á reforma sanitaria que crea "hospitais de segunda"
relacionada O PSdeG esixe debate e consenso para a reforma da Lei de Saúde galega
relacionada A sanidade privada presenta un "plan de choque" contra as listas de espera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE