O plan da sanidade privada contra as listas de espera custaría 88 millóns a Galicia

|

Operacionquirurgica


"plan de choque" contra as listas de espera sanitarias proposto este xoves pola Fundación IDIS, formada por aseguradoras e hospitais privados, custaría a Galicia 88 millóns de euros, segundo as súas estimacións. Esta cantidade equivale ao 2,5% do orzamento da Xunta.


O lobby sanitario privado basea o seu ofrecemento en que as listas de espera "constitúen un dos problemas sociais máis importante da nosa sociedade e supoñen o maior déficit de calidade do sistema sanitario".


En concreto, apunta a Fundación IDIS que "en Galicia, a lista de espera supera actualmente os 35.000 pacientes e cun tempo medio de espera de 68 días".


Os impulsores desta proposta non agochan que o seu obxectivo final é "conseguir a integración dos sistemas sanitarios público e privado", entrando de golpe na sanidade pública.


E para impulsar este "modelo de cooperación público-privado" reuniranse proximamente "cos máximos responsables do Ministerio de Sanidade e das comunidades autónomas". 


PRESIÓN AO GOBERNO


Tampouco a maior patronal dos hospitais privados de España perdeu a oportunidade de presionar ao Goberno a favor desta proposta.


A Alianza da Sanidade Privada Española (ASPE), patronal que agrupa a máis do 75 por cento dos centros hospitalarios privados, pide ao Ministerio de Sanidade unha liña de financiamento para as comunidades autónomas.


O secretario xeral de ASPE destaca, así, "o fácil que sería chegar a unha solución tan importante para tantas persoas", aumentando o orzamento sanitario.


Do mesmo xeito, criticou o rexeitamento á privatización por parte dalgunhas comunidades autónomas, explicando que "sempre houbo unas máis receptivas que outras á colaboración público-privada".


Este dirixente tamén insistiu en que o desembarco da sanidade privada na pública debería "prolongarse no tempo".


relacionada A sanidade privada presenta un "plan de choque" contra as listas de espera
relacionada Amplo rexeitamento á reforma sanitaria que crea "hospitais de segunda"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress