O culebrón Lucas Pérez apura os prazos do mercado de fichaxes

|

LucasperezarsenalentrenoO mercado non pecha ata o venres en España.


O axente de Lucas Pérez confirma o all-in do xogador e do Dépor por pechar co Arsenal a volta do dianteiro a Riazor.


Rodrigo Fernández Lovelle confirmou ao xornal andaluz Estadio Deportivo o interese a última hora do Sevilla para facerse con Lucas, oferta rexeitada. "Nós xa non imos deixar o Dépor. Fomos claros co Sevilla cando nos preguntaron", apostila o axente.


"Levamos dous meses pelexando xunto ao Deportivo e non o imos deixar tirado. Somos persoas! Temos que ir a morte con quen nos acompañou durante todo o camiño", insiste Fernández Lovelle.


E é que a posición do propio Lucas Pérez está a ser determinante para o seu futuro, que só contempla vestido de branquiazul. Polo camiño van quedando clubs que se interesaron ou chegaron a facer ofertas por el: Newcastle, Marsella, Lazio, Everton, Levante e Sevilla.


Así, todo se encamiña a que o dianteiro regrese a casa para pelexar polo equipo da súa cidade e tentar, de paso, conseguir un oco entre os elixidos para disputar o próximo Mundial.


relacionada En Inglaterra ven próximo un acordo para a cesión de Lucas ao Dépor
relacionada O Dépor aférrase á opción de que Lucas chegue cedido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress