O Celta empeza a vender roupa para os días que non hai partido

|

SergioreizentoloImaxe dun dos deseños. Foto: RC Celta

Para os que non visten a camiseta do seu equipo fóra dos días de partido, o Celta lanza unha liña de roupa que venderá na súa tenda oficial e que, segundo o club, "respira celtismo e historia polos catro costados", tal e como afirma nun comunicado colgado na súa web.


Trátase de catro prendas deseñadas por Rei Zentolo, dous deseños que se estampan tanto en sudadeiras como en camisetas.


O primeiro deles destaca a lenda 'O equipo da nosa terra' baixo unha versión inicial do escudo céltico e o ano de fundación do club, 1923. No segundo baséase nunha fotografía dos primeiros xogadores do RC Celta, froito da fusión dos equipos Real Club Fortuna e Real Vigo Sporting Club. Esta composición tamén resalta o ano de nacemento da entidade celeste.


Os encargados de exercer de modelos foron Hugo Mallo e Sergio Álvarez. Pódense comprar desde este venres na tenda do club ou da empresa encargada do deseño.


relacionada O Celta, decidido a non repetir o mal inicio da pasada liga
relacionada O Celta presenta as súas camisetas para a próxima tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress