O Celta, decidido a non repetir o mal inicio da pasada liga

|

Sergiocelta


As dúas derrotas seguidas do Celta neste arranque ligueiro lembran a situación do ano pasado, cando ao equipo vigués lle levou catro xornadas sumar o primeiro punto. Unha comparación que rexeitan tanto Aspas como Sergio.


O dianteiro de Moaña declarou á TVG que non hai nerviosismo nese aspecto no vestiario e lembrou que a tempada pasada, tras eses tropezos, o equipo subiu "en picado".


Pola súa banda, o gardameta de Catoira manifesta o desexo dos xogadores de "conseguir o primeiros tres puntos canto antes". E tamén rexeita o pesimismo: "isto ten que motivarnos aínda máis, hai que estar máis centrados".


Sergio Álvarez contou en sala de prensa que o traballo nos adestramentos neste parón de seleccións se centra en "pechar os partidos" e "tentar que o rival non che remonte". Para iso, aposta por "minimizar os erros", un problema que os celestes arrastran desde a pretemporada.


O porteiro tamén lamentou o parón que, aínda que serve para emendar erros, "sempre que perdes, o que máis desexas é que chegue canto antes o seguinte partido.


relacionada O Celta confirma a venda de Pape Cheikh ao Olympique de Lyon
relacionada O Celta cae no Villamarín con outra remontada en contra

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress