En Inglaterra ven próximo un acordo para a cesión de Lucas ao Dépor

|

Lucasperezdepor


O empeño de Lucas Pérez e do Dépor por volver xuntar os seus camiños está preto de dar os seus froitos. Segundo o diario británico Daily Mail, está case pechado un acordo de cesión entre o Arsenal e o club coruñés.


O xornal inglés explica que o club londiniense acabou por resignarse e rebaixar as súas expectativas económicas. Segundo a súa información, a operación pecharíase por uns 4 millóns de euros e o Dépor pretende incluír ademais unha opción de compra a final de tempada.


Mentres, o club branquiazul ten agora outra fronte aberta na Premier. Tamén segundo a prensa británica, o recentemente ascendido Brighton ofreceu 16 millóns por Andone, aínda que o Dépor non está disposto a deixar escapar agora a un efectivo de ataque e remítese á cláusula de 30 millóns do xogador.


E de volta na Coruña, Luisinho mostrou a súa decepción por non ser elixido capitán. "Levo aquí cinco anos, son o xogador máis antigo e faime ilusión, pero se non son elixido non vou sacar unha arma contra os meus compañeiros ou quen elixe. Non vale a pena darlle máis voltas ao tema porque se non vou dicir cousas que non quero".


Iso a nivel persoal, a nivel colectivo lanza outra mensaxe: "Se non entendemos que no Dépor temos que empeñarnos ao 100%, imos pasalo mal. Levamos tres ou catro anos pensando en facer unha gran tempada e terminamos sufrindo".


relacionada Çolak: "Pepe Mel estaba moi enfadado" tras o empate do Levante
relacionada O Dépor aférrase á opción de que Lucas chegue cedido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress