Itinerarios, horarios e paradas do transporte escolar quedan "intactos"

Os autobuses compartidos afectan 10% das liñas escolares e empezan a funcionar dentro de semana e media.


|

Transporteescolar


A conselleira de Infraestruturas garantiu que os itinerarios, horarios e paradas do transporte escolar permanecerán "intactos" co comezo do novo curso a pesar da posta en marcha do uso compartido con viaxeiros regulares.


Deste xeito, a conselleira afirmou que se dará prioridade á seguridade dos alumnos, no marco do novo plan de transporte, polo que se incrementará "de forma importante" o número de acompañantes.


O transporte compartido afecta "ao 10 por cento" das liñas escolares, de forma que todas as que leven alumnos contarán cun acompañante, o que supón que "se incrementará nun 60 por cento" a presenza de persoas que velen polo benestar dos estudantes.


Así o expuxo Ethel Vázquez este mércores en declaracións aos medios antes comezar unha reunión entre departamentos das consellerías de Infraestruturas e Educación para coordinar a posta en marcha do transporte escolar de uso compartido o 11 de setembro.


INFORMACIÓN AOS COLEXIOS


Nesta liña, está a "ultimarse o operativo" con medidas concretas como reforzar a información aos centros escolares, mentres que se celebrarán reunións específicas con persoal de colexios, empresas de transporte e asociacións de pais e nais. A isto únese que aumentarán as inspeccións do servizo.


En defensa do novo plan, a nivel xeral, a conselleira afirma que conta "con tarifas máis reducidas" en traxectos de medio e longo, con descontos de ao redor do 50 por cento, "e mesmo nalgunha zona do 80 por cento".


relacionada As novas rutas de autobuses aínda necesitan "axustes puntuais"
relacionada O "caos" dos autobuses empeorará "co comezo do curso" escolar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE