O debate do Maquiavelo de Barcelona

Manuel Fernando González Iglesias

Mariano Rajoy Congreso

Mariano Rajoy na súa intervención no Congreso dos Deputados pola trama Gürtel


E entón o interpelado, naquel momento Presidente do Goberno do Reino de España, rematou a súa intervención dirixíndose ao máis crítico dos seus opoñentes políticos, Pablo Iglesias, soltándolle aquilo de: "e Vd. que criticou tanto os cenáculos políticos, que facía o outro día ceando en Barcelona na casa dun señor particular arranxando a Catalunya de agora e, o que é peor, a do futuro?" (versión libre da cita parlamentaria).


Como é o último que Rajoy lle botou en cara aos seus adversarios, hai que supoñer que a actuación do Maquiavelo de Barcelona, motivo do meu artigo anterior, non pasou desapercibida nos foros máis serios do Estado xa que a carga de profundidade da pregunta final é, como se di popularmente, a guinda do pastel dun debate de pouca altura e moita gresca que non detivo, para nada, a atención do que agora temos moitos diante dos ollos: a secesión de Catalunya e o terrorismo xihadista.


Baixando de novo ao debate, coméntolles que son dos que sempre trato de escoitar a Joan Tardá con simpatía e actitude comprensiva aínda que o que diga me pareza unha barbaridade e pase do parlamentarismo inquisitivo ao activismo identitario no único lugar, as Cortes do Estado, onde non podes conseguir votos pero si lograr facer política. Pero hoxe, precisamente hoxe, na que lle escoitaba máis tranquilo, non puiden deixar de enfadarme con el polo que lle escoitei. Non por como o dixo senón porque llo "puxo a ovo" ao portavoz do PP, que lle tapou a boca co seu "e Vds., como nos poden acusar de corrupción a nós cando Vds. forman goberno en Catalunya cos do 3% e ademais queren amnistialos na nova República" Collons Tardá! a ti xa che pasa coma ao Conseller Forn, que cada vez que abrides a boca… sobe o pan!


Polo demais foi un debate que abriu o curso político a tortazo limpo e que tras unha semana de terror e dor cidadán, seguido inmediatamente dunha ameaza secesionista, fainos pensar que "o peor" aínda está por vir e que o país, no seu conxunto, vai recaer nas vellas pantasmas do pasado que tan ben versou Machado, mal que lle a pesar dalgúns do Concello de Sabadell.


Xa saben: "Españolito que vés ao mundo, Deus che garde. Unha das dúas Españas ha de xearche o Corazón".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE