Uns 30 artistas soben ao escenario para homenaxear a Narf na Quintana

"Narf abriu camiños inéditos para quen quería facer da música unha profesión", destacan desde a organización.


|

Narf


A compostelá Praza da Quintana será este mércores 30 de agosto o escenario dun concerto homenaxe ao artista local Fran Pérez 'Narf', no que participarán uns 30 artistas de Galicia e Euskadi, pero tamén de Mozambique, Portugal e Inglaterra.


Un espectáculo que rolda as tres horas de duración e nel, os cantantes e músicos invitados tocarán obras do repertorio do músico compostelán que faleceu por mor dunha grave enfermidade o pasado mes de novembro.


No acto de presentación, a responsable da Asociación Cultural Cidade Vella, que organiza o concerto dentro do festival 'Feito a Man', Ánxeles Porto, explicou que a cita supón "o evento máis especial do festival" de música na rúa.


"Este tributo era absolutamente necesario. 'Narf' abriu camiños inéditos para quen quería facer da música unha profesión. Tiña unha personalidade única e xa vai sendo hora de que esta cidade honre e celebre a este artista que participou de todas as formas no 'Feito a Man' desde o principio", mencionou.


Pola súa banda, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, ente colaborador da cita xunto ao Concello, Goretti Sanmartín, cualificou ao compositor compostelán como un "artista xenial e polifacético", que estaba "en todo" e que "buscaba sinerxias entre todas as artes".


Quico Cadaval, codirector artístico do espectáculo, destacou "o seu sorriso e determinación" como o máis característico de Fran Pérez e Carlos Santiago, director musical, explicou que "este evento se formulou desde o principio como unha festa e un recoñecemento".


relacionada O festival 'Feito a Man', "un pracer de verán" que arrinca este xoves en Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE