Emre Mor asina por cinco tempadas nunha visita lóstrego a Vigo

O traspaso cífrase en máis de 12 millóns, a segunda fichaxe máis cara do club. O xogador será presentado cando volva de xogar coa selección.


|

EmremorceltaEmre Mor será presentado tras os seus compromisos coa selección.


O Celta fai oficial fichaxe de Emre Mor, que chega do Borussia Dortmund e asina por cinco tempadas. O traspaso cífrase en máis de 12 millóns, o que o converte na segunda fichaxe máis cara da historia celeste, só por detrás de Catanha, que fixo escala en Vigo por 2.400 millóns de pesetas no 2.000.


O club vigués destaca que se trata de "un dos xogadores mozos con maior proxección no fútbol europeo" e que, sendo zurdo, "desenvólvese en toda a fronte do ataque, aínda que onde actuou con maior asiduidade é na banda dereita".


O Celta cumpre así o desexo de Unzué de incorporar un futbolista con desborde. O Celta destaca no seu comunicado a súa "enorme habilidade no un contra un e a súa gran velocidade, que lle outorgan unha impresionante capacidade de desborde, así como a súa facilidade para filtrar pases entre liñas".


Emre Mor non será presentado aínda ante a afección, pois está chamado coa selección absoluta turca para os partidos clasificatorios para o Mundial ante Ucraína e Croacia, co que tras a sinatura pon rumbo á concentración.


relacionada En Turquía dan por pechada a incorporación de Emre Mor ao Celta
relacionada Unzué espera a chegada dun xogador "con chegada e desborde"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE