Repsol líbrase dunha multa por pactar prezos con gasolineiras de Lugo

|

Estacion servicio repsol 230513A petroleira recorreu un defecto de forma da multa.

A Audiencia Nacional anulou unha multa de 22,59 millóns de euros imposta a Repsol pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) en 2015 por considerar que nas súas relacións coas súas estacións de servizo abandeiradas cometeu infraccións en materia de pacto de prezos ou aplicación de descontos.


Na sentenza de 2015 recollíase que houbo acordo entre Repsol e as empresas luguesas Lence Torres e Complexo San Cristóbal para "a coordinación dos prezos de venda ao público nas súas estacións de servizo na contorna de Lugo alcanzado en abril de 2013".


Con todo, nunha sentenza ditada o pasado 28 de xullo,a Audiencia Nacional estima o recurso interposto por Repsol S.A. ao existir un defecto de forma. E é que a petroleira alegou que debería ser multada a súa filial de gasolineiras e non a empresa matriz.


A sentenza, con todo, con cuestiona que as condutas sancionadas sexan ou non anticompetitivas, senón que se distingue entre autor material (a filial) e o que sería, nese caso, responsable solidario (a matriz).


Esta sanción de 22,59 millóns de euros foi imposta en xullo de 2015 pola CNMC a Repsol. O organismo presidido por José María Marín Quemada sancionaba ademais a tres empresas de estacións de servizo abandeiradas da petroleira.


relacionada Competencia e a Xunta atribúen os prezos dos carburantes á falta de gasolineiras
relacionada Feijóo espera que Competencia analice con "celeridade" os prezos dos carburantes
relacionada O TS ratifica a multa de Competencia aos produtores de mexillón galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress