Feijóo: "Non imos cambiar a nosa forma de vida"

Na manifestación de Barcelona, o presidente da Xunta quixo lembrar os galegos emigrados en Cataluña.


|

Feijooexterior


O presidente da Xunta reivindicou que a manifestación de Barcelona este mesmo sábado ten por obxecto "testemuñar" que o pobo español non vai cambiar as súas "liberdades, dereitos e valores", é dicir, a súa "forma de vida", por culpa de "aqueles que non respectan a vida".


"Imos seguir protexendo os valores dunha sociedade democrática libre", proclamou o mandatario galego, en declaracións aos medios antes de participar na marcha, onde tamén quixo trasladar "unha mensaxe de solidariedade e de agarimo aos familiares das vítimas e aos feridos que se están recuperando".


"Somos un pobo pacífico, democrático. España é un gran país e Barcelona é unha gran cidade global", salientou, sen esquecer a cantidade de galegos emigrados a Cataluña e que formaron as súas familias nesta terra.



Ferreironoriegacolau


Entre os representantes públicos galegos que acudiron á marcha está tamén o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, quen emitiu un comunicado para trasladar o seu apoio "sen fisuras a unha cidade que quere ser un lugar dinámico, acolledor, diverso e sen medo pese ao revés que sufriu".


Tamén Martiño Noriega viaxou a Barcelona, onde, igual que o rexedor coruñés, asinou no libro de condolencias antes da marcha.


O BNG estivo representado polos militantes que tén en Cataluña.



relacionada As rúas de Barcelona, escenario da unidade contra o terrorismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE