O Celta cae no Villamarín con outra remontada en contra

(2-1). Maxi Gómez volveu ser o goleador do equipo vigués e colócase provisionalmente como o xogador con máis dianas da liga.


|

Betiscelta 2


O Celta non puido manter a vantaxe que obtivo na primeira parte cun tanto de Maxi Gómez e caeu 2-1 ante o Betis nun partido que se decantou cun gol de estratexia no tramo final dunha segunda metade sen apenas ocasións.


Aos dez minutos, boa acción de Wass que acabou en saque de esquina e gran efectividade celeste a balón parado. Wass lanzou o córner desde a dereita e Maxi Gómez levou o coiro á rede cun potente cabezazo, desviado por Camarasa. Tras o tanto, o Celta volveu ter boas chegadas, pero sen puntería.


Con todo, á media hora de xogo, co Betis en fase de reacción, un centro lateral desde a esquerda foi cabeceado á rede por Sergio Léon. No corazón da área. O descanso chegou cun remate cruzado de Wass que saíu lixeiramente desviado.


Tras a continuación, os celestes tomaron o dominio do choque, aínda que sen ocasións claras. O cadro local adiantouse aos 76 minutos tras un saque de esquina en curto que Feddal cabeceou á rede apoiándose de maneira clara en Sergi Gómez. Os célticos tentárono ata o final, pero sen acerto.


FICHA TÉCNICA


2-betis: Adán, Barragán, Mandi, Feddal, Durmisi, Javi García, Guardado, Camarasa, Joaquín (Narváez, min.84), Francis (Tello, min.66), Sergio León (Sarabia, min.80).


1-celta: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia (Cabral, min. 74), Sergi Gómez (Lobotka, min. 80), Jonny, Radoja, Wass (Tucu Hernández, min. 65), Jozabed, Iago Aspas, Sisto, Maxi Gómez.


Goles 0-1, min.10: Maxi Gómez; 1-1, min.31: Sergio León; 2-1, min.76: Feddal.


relacionada Unzué: "É moito mellor chegar ao parón cunha vitoria"
relacionada Ao Celta escápalle a primeira vitoria da tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE