Abre un novo prazo para sumar salas á Rede Galega de Música ao Vivo

|

Conciertossalas


A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abriu ata o 22 de setembro o prazo de solicitude de admisión de salas de concertos na Rede Galega de Música ao Vivo, que en 2017 ofrecerá preto de 200 concertos nun máximo de 35 salas de Galicia.


Segundo informou a Xunta nun comunicado, as bases do proceso de selección foron acordadas cos representantes das "principais" asociacións do sector en Galicia.


De acordo á nova convocatoria, poderán optar a formar parte do circuíto aquelas entidades xestoras de salas de música privadas que reúnan requisitos como posuír as autorizacións legais para realizar espectáculos en directo ou contar, durante os dous anos anteriores, cunha programación estable de concertos.


Neste contexto, unha comisión de valoración encargarase de analizar as solicitudes para elaborar unha proposta de admisión de acordo a baremos como a capacidade do local, a súa antigüidade, concertos programados anteriormente e equipos audiovisuais, entre outros.


Agadic financia o 85 por cento da programación desta rede que este ano cumpre o seu décimo aniversario. Os concertos, segundo destacou a Xunta, acollen "unha ampla variedade de estilos musicais" e espectáculos escénicos "de pequeno formato" cun "gran protagonismo" de grupos galegos.

relacionada Caxade arrinca en Bueu a tempada da Rede Galega de Música ao Vivo
relacionada Crece o número de compañías de teatro e danza, e abren salas de concertos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress