Pepe Mel: "Hai por aí 200 millóns para gastar que esperemos que non caian aquí"

O adestrador deportivista carga contra o peche do mercado de fichaxes tras o inicio de Liga, que "só beneficia aos grandes".


|

Pepemel 1Pepe Mel, en Abegondo. Foto: RC Deportivo


Antes de enfrontarse ao Levante, Pepe Mel mostrouse "satisfeito do domingo pasado, por todo o que era aquel partido e como respondeu o equipo". Así, espera unha boa actuación do equipo en Valencia, aínda que ve o rival nun gran momento.


"É algo que vivín co Betis dúas veces, os equipos que veñen de facer un bo ano en Segunda, a dinámica é boa e iso adoita dar continuidade nos primeiros partidos", reflexionou o adestrador.


Ademais, quere romper a mala estatística do Dépor fóra da casa: "Dos últios 57 partidos en Primeira División, o Dépor só gañou 7 fóra. É un dato que me quedou gravado e hai que mellorar".


Pepe Mel rexeitou volver falar de Lucas Pérez, porque "os que teño aquí son os que van xogar en Valencia, os que me solucionan as cousas e confío neles".


Así, cargou contra que siga aberto o mercado de fichaxes coa liga xa empezada. "Só beneficia aos grandes. Hai por aí 200 e pico millóns bailando que hai que gastar e esperemos que non caian por aquí", lamentou.


Así, espera que non se repita este ano unha situación coma a de Lucas Pérez a tempada pasada, que chegou a xogar e marcar. Co que pode pasar é con Juanfran. A Cadena Ser informa de que o Olympiakos fixo unha oferta ao Dépor, que ascendería a un millón e medio de euros e o lateral Diogo Figueiras. Pero xa o Barça meditou tamén a súa fichaxe.


E o culebrón Lucas Pérez escribe un novo capítulo co interese precisamente do Levante. La Voz de Galicia conta que o equipo valenciano entrou na poxa, tratando de incorporar o dianteiro en forma de cesión. Segundo contan, a oferta ao club inglés chega a tres millóns de euros e o soldo íntegro do futbolista.


relacionada Juanfran queda: "Nunca tiven ningún motivo para saír"
relacionada Andone: "Vou seguir fallando pero nunca me vou agochar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE