O PP dálle a alcaldía de Coristanco ao edil expulsado do PSOE

|

CoristancoconcelloEdificio do concello de Coristanco.


Abraham Gerpe, o concelleiro expulsado do PSOE en Coristanco, logrou o bastón de mando ao prosperar a moción de censura presentada contra Amancio Lavandeira (Terra Galega) co seu voto e os seis do PP, a pesar do rexeitamento expreso da cúpula provincial.


Aínda que o xa ex socialista está actualmente no grupo dos non adscritos, o seu voto foi considerado válido no pleno que se celebrou este venres e que foi considerado "ilegal" por quen ata agora exercía a alcaldía.


É por iso que Lavandeira anunciou accións legais, ao entender que non é posible aceptar o voto dun edil expulsado dun grupo en base aos cambios normativos para frear o transfuguismo.


Así o fixo constar, xa antes do pleno, a única concelleira do BNG en Coristano, Laura Mariño, membro da mesa por ser a segunda persoa máis nova, despois do propio Gerpe. En concreto, advertiu de que a sesión plenaria non debería celebrarse por non darse os requisitos legais e chegou a tachar de "tránsfuga" a Gerpe, en liña co argumento do xa ex alcalde Amancio Lavandeira.


Pola contra, Gerpe puxo en dúbida a validez do documento da executiva provincial do PSOE no que comunicaba a súa expulsión como portavoz municipal e o seu paso ao grupo dos non adscritos.


Ao facerse valer o voto do concelleiro de máis idade --Luis Souto, do PP, que presidiu a mesa-- aprobouse a celebración da sesión plenaria na que se aprobou o cambio de goberno.

relacionada O PP dá por desbaratada a moción de censura en Coristanco
relacionada O PSOE expulsa o edil de Coristanco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress