Parte dos 6.000 depósitos de auga contra incendios están secos

Medio Rural recoñece "problemas" cos puntos de carga do operativo de extinción pola seca.


|

HelicopterodepositoaguaHelicóptero recollendo auga nun depósito.

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, informou de que existen "certos problemas" cos máis de 6.000 puntos de carga do operativo contra o lume en Galicia, porque "parte deles xa non dispoñen de auga".


Na súa visita a Xinzo, Ángeles Vázquez indicou que a problemática da seca dificulta o labor do operativo de extinción, xa que supón que hai que ter "un control exahustivo" nos depósitos, porque "non se poden deixar os puntos sen auga".


Respecto diso, indica que tras unha "onda" de tres días de incendios entre luns e mércores, o xoves mellorou a situación e espera que haxa maior "estabilidade" estes días. Sobre o balance dos lumes, explica que ningún incendio se atopa activo na mañá deste venres en Galicia.


Así, sostén que "os galegos non poden estar condicionados durante o verán polos incendiarios", polo que espera que as liñas de investigación abertas dean resultado.


relacionada Controlados os incendios forestais máis grandes desta semana
relacionada O luns e o martes foron "os peores días de todo o ano" en canto a incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE