Atopan "en perfecto estado" a menor de Ponteareas desaparecida o martes

Unha amiga da súa nai viuna no centro de saúde de Mondariz. Non é a primeira vez que a menor, de 13 anos, marcha da casa.


|

DesaparecidaponteareasNon era a primeira vez que marchaba da casa.


A menor de 13 anos de idade, Vanesa F.T., que levaba desaparecida desde o pasado martes foi localizada este venres "en perfecto estado" na localidade de Mondariz, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil.


As mesmas fontes explicaron que unha amiga da nai da menor a viu a primeira hora da mañá deste venres no centro de saúde da localidade de Mondariz. Desde alí avisouse á Garda Civil, que a foi buscar e trasladouna a dependencias do Instituto Armado.


A familia da nena denunciou a súa desaparición o pasado martes, cando foi vista por última vez. Fontes da investigación explicaron que esta non é a primeira vez que a menor marcha da casa e confirmaron que foi localizada sa e salva.

relacionada Localizan en bo estado a muller desaparecida desde o venres en Carballeda de Valdeorras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE