Feijóo, Caballero, Noriega e Ferreiro acudirán á manifestación de Barcelona

Por distintas obrigacións dos seus cargos, o resto de alcaldes das cidades non se desprazarán á cidade condal.


|

Concentracionbarcelona



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudirá este sábado á manifestación contra o terrorismo convocada en Barcelona en sinal de repulsa polos atentados na Rambla e Cambrils. Ademais, a esta marcha tamén irán os alcaldes de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.


Fontes do Goberno galego confirmaron que o máximo mandatario autonómico encabezará a representación galega nesta mobilización convocada por mor dos atentados xihadistas que cobraron a vida de quince persoas e deixaron máis dun cento de feridos en Cataluña.


Así mesmo, anunciou a súa presenza o rexedor da cidade olívica, Abel Caballero, que asistirá en calidade de presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para trasladar a súa solidariedade e expresar o seu desexo de "convivencia pacífica".


Caballero, avanzou que haberá unha "ampla representación" da Xunta de Goberno da FEMP nese acto e destacou que se trata dunha convocatoria "aberta" para que participen tamén todos os alcaldes e dirixentes locais que así o desexen.


Precisamente, tamén participarán na marcha o rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro, e o de Santiago de Compostela, Martiño Noriega. Ambos os cargos de En Marea acompañarán a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, nesta convocatoria en rexeitamento á violencia.


Desta forma, os rexedores da marea galega arrouparán a Ada Colau, quen na última campaña electoral autonómica en Galicia visitou a Comunidade para apoiar a En Marea, formación afín á súa, Barcelona en Comú.


Pola súa banda, non acudirán á cita por obrigacións nas súas respectivas cidades os alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez; Lugo, Lara Méndez; e Ourense, Jesús Vázquez. Tamén estará ausente o de Pontenvedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que nestes momentos se atopa de viaxe institucional a México.

relacionada ISIS xura "vinganza" contra España no seu primeiro vídeo despois dos atentados
relacionada A cidadanía responde os ataques terroristas cun "Non teño medo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE