A 'volta ao cole' custa aos pais galegos máis de 240 euros por fillo

|

ColegiomenoresLibros, material escolar e roupa provocan a 'costa de setembro'.

O gasto medio previsto das familias galegas na 'volta ao cole' sitúase en 243 euros, un dous por cento máis que a media de españois e un 2 por cento superior que o declarado en 2016, segundo reflicte a edición especial do Observatorio Cetelem sobre as intencións de compra relacionadas con este período.


Respecto á orde de prioridade á hora de comprar nestas datas, o material escolar, a roupa e os libros, destacan como os tres produtos con maior demanda entre os galegos enquisados.


Preguntados os enquisados sobre como espera que sexa o gasto deste ano para a 'volta ao cole', o 58 por cento dos galegos enquisados pensa gastar o mesmo nestas compras de inicio de ciclo escolar, fronte ao 59% da media nacional.


Doutra banda, un 32% dos galegos, indica o Observatorio, pensa destinar un maior orzamento a estas compras (26% media españois), o que supón un incremento de nove puntos porcentuais respecto ao ano anterior.


No lado oposto atópanse aqueles que pola contra esperan poder gastar menos nas compras de material e equipamento escolar. Así o declara o 9,9% dos consumidores de Galicia.

relacionada A Xunta prolonga ata 2023 os concertos con colexios que segregan por sexo
relacionada A cidade de Lugo necesita outro colexio na zona centro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress