A Marea Branca busca implicación municipal contra a privatización da sanidade

Este mércores entregaron na Coruña un documento con 38 propostas, onde hai "puntos que si son competencia municipal".


|

MariapitasanidadepublicaPancarta pola sanidade pública en María Pita.

Representantes da Marea Branca de Galicia entregaron este mércores no rexistro municipal do Concello da Coruña o documento consensuado no marco estatal con 38 propostas para "paralizar o proceso privatizador da sanidade" e pediron aos grupos políticos que o analicen e o debatan.


Así o indicou, en declaracións aos medios, o portavoz da Marea Branca galega, José Miguel Rodríguez, quen lembrou que o texto foi "acordado coa coordinadora estatal" de Mareas Brancas e inclúe 38 puntos que "abordan reformas lexislativas para parar o proceso privatizador" na sanidade pública.


"Queremos que as institucións públicas se impliquen con estes puntos", asegurou Rodríguez, que pediu a todos os grupos que "estuden" esta proposta, a debatan e se coordinen co resto de parlamentos autonómicos, así como co Congreso, para aprobar as iniciativas que consideren oportunas para reverter este proceso privatizador da sanidade.


"Queremos que analicen o documento e aqueles puntos que si son competencia municipal os debatan, e aproben o documento nunha moción municipal", explicou o portavoz da Marea Branca, que sinala que o consistorio ten competencias en "determinantes da saúde", tales como a situación social, o traballo precario ou a falta de información.


O venres entregarán o documento no concello de Oleiros, tamén no rexistro, destinado a todos os grupos municipais.


LISTAS DE ESPERA


En Galicia, segundo os datos da Marea Branca galega, as listas de espera aumentaron no últimos tres anos. Así, informan que para probas diagnósticas había 63.000 pacientes en marzo de 2014, mentres que en xuño deste ano a cifra aumentaba ata 85.000.


Para consultas externas, "en xuño 2014 había 119.000 pacientes e en xuño deste ano, 162.000". En canto ás esperas totais, apuntan, pásase de 225.000 pacientes en marzo de 2014 a 285.000 en xuño de 2017.


E seguindo con datos, a Marea Branca galega tacha de "cifra récord" o aumento de peches de camas desde o ano 2009, cando "se pechaban entre 400 e 500". Agora, este ano, alcanzáronse as 1.700 camas pechadas, destaca José Miguel Rodríguez.

relacionada "Centos de miles de razóns" para o regreso da Marea Branca ao Obelisco
relacionada As Urxencias do CHUAC quedan sen padiolas e provocan atrasos ás ambulancias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE