"Récord histórico" das exportacións galegas no primeiro semestre

|

Puertomercantecontenedoresestiba


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou o "récord" das exportacións de Galicia, que rexistrou unha subida do 12,3% de xaneiro a xuño, 2 puntos por encima da media española, e cun incremento de ata o 19,9% en comparación co mesmo mes do pasado ano, como mostra de "a competitividade que ten a economía galega e o sector produtivo".


"Claramente, o comportamento do sector exterior galego está a ser moi positivo e é un dos elementos que explica o comportamento en termos de PIB que nos pode levar a que Galicia creza máis de 3% que é a previsión para este ano 2017", puntualizou.


Para o conselleiro de Economía "este é o camiño" que vai permitir que Galicia "poida seguir crecendo e creando emprego de calidade".


Precisamente, puntualizou que os orzamentos autonómicos de 2018 acompañarán a política do goberno autonómico desde o punto de vista industrial e de creación de emprego.


ARTESANÍA GALEGA


Así o destacou o conselleiro durante a visita que realizou á nova xoiería 'Katuxa', situada no centro histórico de Santiago, e que cualificou de "exemplo claro de como evolucionan os artesáns en termos de deseño, moda, mocidade" e "calidade".


En Galicia, onde existen preto de 3.000 artesáns, máis de 500 talleres e ata 89 actividades diferentes, o reto, matizou "é seguir consolidando a marca" para que a artesanía de Galicia "se poida identificar por esa mestura de tradición, vangarda, deseño e moda".

relacionada As exportacións de conservas crecen este ano cun ritmo de dobres díxitos
relacionada As exportacións galegas dependen en gran medida do téxtil e a automoción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress