Sancións de ata 200.000 euros para as navieiras que masifican as Cíes

A Xunta di que será "contundente" pola "reincidencia" dalgunha das empresas infrinxindo o límite de billetes.


|

RodasciesplayaPraia de Rodas, nas Cíes.


A Xunta de Galicia confirmou a apertura de varios expedientes sancionadores contra as navieiras que operan liñas ás illas Cíes por exceso de venda de billetes, e prometeu ser "contundente" dada a "reincidencia" das empresas.


Así o trasladou, en declaracións aos medios, a directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Ana María Díaz López, quen explicou que as navieiras foron advertidas en varias ocasións de que incorreran en un "exceso" de venda de billetes, e que estaban por encima da cota permitida (2.200 visitantes diarios e 800 campistas).


ATA 200.000 EUROS


Polas "reiteradas advertencias" e pola "reincidencia" dalgunha das navieiras, Ana María Díaz López prometeu que a Xunta vai ser "contundente" nos procesos sancionadores. "A consellería vai aplicar o réxime sancionador con toda dureza e ata as últimas consecuencias", reiterou, e lembrou que esas sancións poden ir desde 3.000 a 200.000 euros.


Segundo lamentou, a actuación das navieiras "dana" a imaxe do Parque Nacional e tamén entorpece o turismo sustentable neses espazos, ademais dos inconvenientes que sufriron os viaxeiros. Patrimonio Natural sostén que a actitude dalgunhas navieiras "constitúe un risco inasumible" para os visitantes e para os valores ambientais dun "lugar emblemático".


EXCESOS EN AGOSTO E EN 2016


Díaz López relatou que este "exceso" foi detectado os días 3 e 5 de agosto, e que se incoaron os correspondentes expedientes sancionadores tras advertir ás navieiras. Así mesmo, o pasado 19 de agosto volveu repetir a situación "e avisóuselles por correo electrónico e por whatsapp" de que non se ía a permitir que o domingo desembarcasen máis persoas que as que establece a cota.


A directora xeral confirmou que, xa o pasado 2016, abríronse varios expedientes sancionadores por sobreventa de billetes e outras supostas irregularidades. No que vai de 2017 hai 26 denuncias, que acabaron cos procesos incoados polo ocorrido o 3 e o 5 de agosto; máis as denuncias que se prevén polos problemas do pasado fin de semana.


PROTECCIÓN E SEGURIDADE


A directora xeral xustificou esta decisión para garantir a protección e preservación do espazo natural, e tamén pola seguridade dos propios visitantes, e apuntou que "todas as administracións" deberían compartir esa medida. "A seguridade das persoas é absolutamente vital. Exceder a cota pode comprometer a seguridade das persoas no caso de que haxa un incidente", subliñou, á vez que lamentou os prexuízos causados aos afectados, dos que responsabilizou ás empresas.


"Coñecían a norma, apelamos á súa responsabilidade pero esa responsabilidade non foi recíproca", proclamou, e insistiu en que a limitación de viaxeiros a Cíes non é unha condición nova, senón que "a cota foi establecido xa en 1994". De feito, a Xunta implementou, desde o pasado ano, o código HQR nos billetes que están autorizados, e os controis do Parque puideron constatar que se venderon pasaxes sen ese código, infrinxindo o límite de acceso ás illas.


Finalmente, este departamento autonómico ha expresado que "actuacións irresponsables por parte das navieiras non deben embazar unha xestión e un traballo exemplar do persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas, que traballan a diario por preservar esta xoia natural".

relacionada Segunda xornada de caos nas viaxes ás Cíes, con centos de turistas afectados
relacionada Pasaxeiros obrigados a volver a Vigo sen pisar as Cíes pola masificación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE