Os terroristas detidos revelan que o imán de Ripoll quería inmolarse

Os catro membros da célula xihadista relatan ante o xuíz da Audiencia Nacional que o relixioso era o cerebro dos atentados. A Fiscalía pide para eles prisión incondicional.


|

Terroristasbcnan



Os catro membros da célula yihadista de Cataluña responsabilizaron ao imán de Ripoll, Abdelbaki Es Satty, dos atentados e precisaron durante o seu interrogatorio ante o xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu que o relixioso, falecido na explosión que tivo lugar na casa de Alcanar, lles dixo que se quería inmolar con explosivos, segundo informaron fontes xurídicas.


A fiscal do caso Ana Noé pediu prisión incondicional sen fianza para Mohamed Houli, Driss Oukabir, Mohamed Aalla e Said el Karib polos delitos de integración en organización terrorista, asasinato, estragos e tenencia de explosivos.


Segundo fontes presentes no interrogatorio, Mohamed Houli, o ferido na explosión de Alcanar, ratificou todo o dito ante os Mossos d'Escuadra, que o grupo preparaba un atentado maior.


Segundo manifestou a policía catalá, Houli achegara información valiosa para a investigación dos atentados. O avance das pescudas levou a confirmar nestes días que o grupo terrorista estaba a planificar desde Alcanar "un ou varios" atentados en Barcelona de forma inminente.


UNHA MUDANZA


Pola súa banda, Driss Oukabir recoñeceu que foi el o que alugou as furgonetas utilizadas na matanza aínda que cría que eran para unha mudanza.


Trátase da mesma versión que Oukabir mantivo na súa declaración ante os Mossos en dependencias policiais aínda que no momento da súa detención asegurou que o seu irmán Moussa Oukabir --un dos cinco terroristas abatidos en Cambrils-- lle roubara a documentación para o aluguer dos vehículos, segundo informaron fontes presentes no interrogatorio.


DECLARAN O DONO DO AUDI E DO LOCUTORIO


Esta tarde declaran ante o xuíz, Mohamed Aalla, irmán de Said Aalla, que é o dono do Audi A3 co que os cinco terrorista abatidos atentaron en Cambrils.


Tras Aalla só quedará por declarar Salh el Karib encargado dun locutorio en Ripoll onde foi detido.



relacionada Identificadas todas as vícimtas mortais dos dous atentados, que se elevan a 15
relacionada Os Mossos abaten a Younes Abouyaaqoub, o terrorista fuxido
relacionada A hipótese principal sostén que os terroristas preparaban un atentado maior

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE