Case 26.000 alumnos da Coruña participaron nas actividades de 'eduCaixa'

A iniciativa da Obra Social La Caixa busca ser "un complemento innovador á educación formal das escolas".


|

EducaixaalumnosParticipantes de eduCaixa.


Un total de 195 escolas e 25.994 alumnos da Coruña participaron nas actividades de 'eduCaixa' durante o curso 2016/2017, segundo informa a Obra Social La Caixa promotora desta iniciativa.


Sobre este programa, asegura que busca ser "un complemento innovador á educación formal das escolas que pretende promover o crecemento persoal a través da educación en valores".


A iso, engade os obxectivos de "divulgar a arte e a cultura, espertar vocacións científicas e fomentar a educación financeira e emprendedora".


No marco desta iniciativa, os profesores tamén dispoñen doutro tipo de materiais que poden utilizar para traballar cos alumnos na aula. Así, A través do portal www.educaixa.com, a comunidade educativa conta con recursos multimedia para traballar cos seus alumnos.

relacionada La Caixa impulsa 24 proxectos de emprendedores en situación de vulnerabilidade
relacionada La Caixa alégralle as vacacións a 40 menores en situación vulnerable da Coruña
relacionada Máis de 600 coruñeses participaron no programa de atención psicosocial de La Caixa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE