Identificadas todas as vícimtas mortais dos dous atentados, que se elevan a 15

Entre os falecidos cóntase o mozo acoitelado na Diagonal polo terrorista fuxido que lle roubou o coche.


|

VictimasramblaRecordo ás vítimas na Rambla.


A Generalitat identificou as 15 vítimas mortais dos atentados terroristas do xoves en Barcelona e Cambrils, informou o conselleiro de Xustiza, Carles Mundó, este luns en rolda de prensa.


Das 15 vítimas mortais sete son mulleres e oito son homes, dous deles nenos; seis teñen a nacionalidade española, dúas son portuguesas, tres son italianas, unha é estadounidense, outra canadense, outra belga e unha ten a dobre nacionalidade canadense e británica.


Cinco das seis vítimas mortais de nacionalidade española residían en Cataluña: dúass vivían en Rubí (Barcelona), unha en Vilafranca do Penedès (Barcelona), outra en Sant Hipòlit de Voltregà (Barcelona) e outra en Barcelona; mentres que a restante residía en Zaragoza.


Os ataques saldáronse cun total de 13 vítimas mortais na Rambla e unha en Cambrils, á que se sumou o mozo de Vilafranca falecido na Diagonal vítima dunha agresión con arma branca por parte do fuxido Younes Abouyaaqoub.


Nove dos 15 corpos xa foron entregados ás familias e o resto dos cadáveres puxéronse a disposición dos consulados e embaixadas e no Instituto de Medicina Legal.

relacionada Younes Abouyaaqoub, o único terrorista fuxido, sinalado como condutor da furgoneta
relacionada Os Mossos abaten a Younes Abouyaaqoub, o terrorista fuxido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE