Tratan de reconstruír os últimos pasos de Diana Quer nas festas da Pobra
A investigación segue encallada un ano despois, a pesar do achado e o desbloqueo do móbil, que se consideraba fundamental para avanzar.
Diana Quer desapareceu hai un ano.
Hai un ano, Diana Quer desapareceu tras asistir ás festas da localidade onde veraneaba, A Pobra do Caramiñal. Tras practicamente 365 días, son moitas as incógnitas aínda abertas mentres a Garda Civil quedou sen pistas nas que indagar.
Esta mesma noite, a Garda Civil puxo en marcha un dispositivo para tratar de reconstruír os últimos pasos de Diana. "Movéronse pola feira, por onde están todas as atraccións e por onde está o poboado móbil da xente da feira, ademais de pola zona por onde se cre que marchou Diana", contou á Televisión de Galicia o responsable de Protección Civil da Pobra.
A primeira e única pertenza da moza que se achou neste tempo é o seu móbil, aínda que este achado non foi suficiente como para avanzar na investigación.
Escribe o teu comentario