Ao Celta escápalle a primeira vitoria da tempada

(2-3). Dous goles de Maxi Gómez concederon en dúas ocasións a vantaxe aos celestes, pero a Real Sociedade conseguiu darlle a volta cun penalti dubidoso.


|

Celtarsoc


Os de Unzué empezaron a liga con mal pé, ao ver como a Real Sociedade lle daba a volta a un partido no que se adiantaron en dúas ocasións, con goles de Maxi Gómez, pero que se lles fixo demasiado longo.


O Celta aproveitou os primeiros minutos do encontro para buscar a portería e tratar de xerar perigo, aínda que o partido comezou eléctrico, coa posesión repartida.


No 21, Maxi Gómez estreou a táboa de goleadores celestes. O uruguaio abriu o marcador aproveitando un centro pasado que Wass enviou cara á área pequena, onde rematou o dianteiro para bater a Rulli.


Co gol, o Celta veuse arriba, pero a Real soubo aguantar a presión celeste, ata que un erro de Sergio serviu para que Oyarzabal colocase o balón pola escadra e o 1-1 no marcador pasada a media hora de xogo.


Ata o descanso, continuou o partido coa posesión repartida.


Tras a continuación, sen cambios, Maxi Gómez volveu atopar o gol, ao rematar a pracer no segundo pau un rexeite nun córner.


Só un minuto despois tivo Canales a ocasión de empatar, pero o seu disparo marchou fóra. Tras encaixar o segundo, a Real colleu o mando do encontro, dando un paso á fronte, aínda que sen conseguir xerar perigo.


Pasada a hora de partido, cos cambios, o partido perdeu intensidade. Ata que a Real volveu lograr o empate. Xa o tentara cun lategazo afastado de Illarramendi minutos antes, pero Juanmi non perdoou tras recibir un pase en profundidade.


Xa na recta final a Real Sociedade lanzouse a polo partido e conseguiu arrincarlle a Jonny un penalti dubidoso para darlle a volta ao marcador desde os once metros. William José non fallou.

relacionada O Celta alixeira peso ás portas do inicio da liga
relacionada O Tottenham e o Celta negocian o traspaso de Pape Cheikh
relacionada O Celta cae no seu regreso a un Balaídos case baleiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE