"Centos de miles de razóns" para o regreso da Marea Branca ao Obelisco

Alertan das "cifras escandalosas" e do aumento das listas de espera cirúrxicas e para probas diagnósticas.


|

ObeliscocorunaPraza do Obelisco, na Coruña.


A Marea Branca volve ao Obelisco, impulsada polo aumento das listas de espera cirúrxicas e para probas diagnósticas, segundo revelan as cifras do Sergas.


"Se na marea anterior falabamos de miles de razóns polo peche de camas, esta vez temos que fala de centos de miles de razóns" polas listas de espera, expresan os convocantes da mobilización nun comunicado.


Mareabrancaconvocatoriaagosto

Estes aumentos demostran, ao seu entender, "o camiño de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público".


Así, sinalan que desde xuño do 2016 pasouse duns 34.500 pacientes en espera por unha intervención cirúrxica a case 38.000. En canto ás probas diagnósticas, en dous anos o aumento foi dunhas 12.000 persoas en espera.


"Asistimos a un incremento constante ao longo destes 3 últimos anos, para ir dando entrada, aos poucos, ao sector privado".


"Todo isto dá como resultado unhas cifras escandalosas de pacientes en espera", máis de 285.000, "e sabemos que hai moitos máis en listas ocultas que o Sergas non quere facilitar".


Ademais, no seu comunicado cargan contra "os curiosos e coincidentes cambios da lexislación sanitaria que xa están anunciados en Galicia, Cataluña e Madrid".


Así, ven "a sanidade pública en perigo", pola reforma anunciada pola Xunta. "Unha lexislación que en Galicia reduce o número de áreas sanitarias, trata de garantir a presenza do sector privado nas áreas de investigación e educación, con orzamentos públicos, así como a degradación dos hospitais comarcais", á vez que obstaculiza a participación.

relacionada Aumenta a espera media para operarse e para a primeira consulta
relacionada A Marea Branca augura "novos colapsos en urxencias" polo peche de camas no verán
relacionada As urxencias do CHUAC, as primeiras en colpsar polo peche de camas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE