Suspendida a actuación de Leo Bassi e o resto da programación na Coruña

|

Leobassi


O actor e cómico Leo Bassi cancelou a actuación que tiña previsto ofrecer este venres, na Coruña, no marco da programación das festas de María Pita en "solidariedade" coas vítimas do atentado de Barcelona.


Así o informa na súa conta de Twitter, despois de que estivese anunciada a súa participación na programación da 'Festa das Utopías' cun espectáculo de clown na zona do Parrote.


Tanto esta gala de pallasos como outras propostas do programa festivo, no que se incluían artes escénicas ou a actuación da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, na praza de María Pita, foron tamén suspendidas.


Así o informou o Concello da Coruña tras coñecerse o atentado e convocar para esta venres un minuto de silencio na Praza de María en solidariedade coas vítimas.

relacionada Cancións de 'Juego de tronos' e' Star wars' nas festas de María Pita
relacionada Arrincan as festas de María Pita co pregón de Fernando Romay e o concerto de Xoel López

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress