Autoridades e políticos galegos trasladan a súa solidariedade polo atentado

Desde Galicia envíase todo o apoio a vítimas e cidadáns para facer fronte á "dor" e ao "terror".


|

Ramblaatentado


Autoridades e políticos galegos trasladaron a súa solidariedade ao pobo catalán e ás vítimas do atentado terrorista rexistrado na tarde deste xoves en Barcelona e que causou varios mortos e decenas de feridos.


En primeiro lugar, o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, retwitteou a mensaxe emitida polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na súa conta de Twitter: "En contacto con todas as administracións. Prioridade: atender feridos na Rambla e facilitar o labor das Forzas de Seguridade", sinalou Rajoy, que este venres tiña previsto participar nun acto con Feijóo en Padrón.


Pola súa banda, o Partido Popular de Galicia enviou unha mensaxe de "ánimo e forza" aos barceloneses. "Co corazón encollido. Hoxe golpean #Barcelona e dóenos a todos. Os que empregan o terror non poderán cos nosos valores. Ánimo e forza", manifestaron.


Nesta liña, os socialistas galegos sumáronse á solidariedade e á condena por este ataque. "O noso apoio a familiares e achegados das vítimas e aos que loitan contra o terror", expresaron.


En Marea, así mesmo, trasladou o seu "apoio e solidariedade" co pobo barcelonés "nestes momentos de dor e incerteza". "Estamos convosco", trasladou. Unha liña na que tamén se pronunciaron as formacións que integran este partido instrumental, como Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia.


Pola súa banda, a líder dos nacionalistas galegos, Ana Pontón, enviou todo "o apoio e solidariedade" de Galicia ao pobo catalán e retwitteou a mensaxe emitida polo presidente da Generalitad, Carles Puigdemont, no que pedía "máxima prudencia e toda a atención" ás vítimas.


OUTRAS AUTORIDADES


A esta cadea de mensaxes de apoio aos afectados por este ataque terrorista sumáronse outras autoridades galegas, como o alcalde de Santiago, Martiño Noriega: "Toda a miña solidariedade desde Compostela coa cidade irmá de Barcelona e a súa xente, vítimas dos embaixadores do medo nun mundo inxusto", expresou.


"A dor de Barcelona é a nosa dor. A forza da cidadanía fronte á barbarie tamén é común. Todo o noso apoio desde A Coruña", sinalou o alcalde da cidade herculina, Xulio Ferreiro.

relacionada Os Mossos sinalan a un menor como autor do atropelo na Rambla
relacionada Un atropelo masivo en Barcelona deixa polo menos 13 mortos e decenas de feridos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE