Homenaxes a Alexandre Bóveda cando se cumpren 81 anos do seu fusilamento

Distintos actos por Galicia homenaxean o histórico político galeguista asasinado no 36 polos franquistas.


|

Alexandreboveda 1Ofrenda floral a Alexandre Bóveda.


A figura de Alexandre Bóveda conta este xoves con distintos actos de homenaxe, cando se cumpren 81 anos desde o seu fusilamento a mans dos franquistas. Como cada 17 de agosto, o Día da Galiza Mártir (que non foi oficializado) lembra a este histórico político galeguista.


En Marea celebrouno cun acto nas escaleiras da Facenda de Pontevedra dos xardíns da Ferrería, "lugar emblemático e cargado de simbolismo", xa que foi onde o homenaxeado traballou no deseño dunha facenda "auténtica galega", segundo indicou o partido instrumental nun comunicado.


"Esta homenaxe pretende servir de recordo a aqueles demócratas e galeguistas que pagaron coa súa vida a defensa da lexitimidade democrática da República e o mantemento da dignidade do noso pobo", explicou En Marea.


Para a formación, manter viva a memoria "dos que morreron e dos que mataron" é "de xustiza para avanzar en democracia e na defensa de dereitos cívicos e nacionais", que, a xuízo do partido, se atopan "agredidos duramente pola estafa da crise provocada" polas políticas dos gobernos galego e español.


Pola súa banda, o BNG, que celebrou actos este mércores, lembrou no seu Twitter a efeméride.



relacionada A Agrupación Alexandre Bóveda pide garantir que o fondo da Barrié queda en Galicia
relacionada A UPG lembra este sábado en Dodro, Fene e Ferrol a figura de Moncho Reboiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE