La Caixa impulsa 24 proxectos de emprendedores en situación de vulnerabilidade

|

Cafeteriaemprendedores24 persoas benefícianse do programa 'Incorpora' en Galicia.


O programa 'Incorpora' da Obra Social La Caixa facilitou desde a súa posta en marcha hai un ano e medio a creación de 24 microempresas impulsadas por emprendedores en situación de vulnerabilidade e "risco de exclusión social" en Galicia.


Nun comunicado remitido aos medios, a entidade financeira explicou que o punto de autoemprego de Incorpora en Galicia atendeu a 109 persoas desde o seu inicio. "Na Obra Social La Caixa non se deixa a ninguén polo camiño, queremos facilitar que a capacidade de emprender estea ao alcance de todas as persoas", indicou.


Doutra banda, a nivel estatal e desde xaneiro de 2016, os 42 puntos de autoemprego repartidos por todo o territorio español atenderon máis de 5.000 persoas que se interesaron por aproveitar esta oportunidade.


Neste tempo, 'Incorpora' propiciou a creación de empresas en ámbitos coma o comercio (29,1%), os servizos (64,1%), a industria (5,45%) e a agricultura (1,18%).


Este proxecto axudou en España a impulsar un total de 1.350 microempresas e a crear 1.448 empregos. De entre os emprendedores, un 46,13% son mulleres e o 53,87% restante corresponde aos homes.


Ademais, no marco do acordo que manteñen Obra Social La Caixa e MicroBank para facilitar financiamento a proxectos de autoemprego de persoas en risco de vulnerabilidade, concedéronse microcréditos por valor de máis de cinco millóns de euros.

relacionada La Caixa alégralle as vacacións a 40 menores en situación vulnerable da Coruña
relacionada Obra Social 'La Caixa' renova o seu compromiso contra o narcotráfico
relacionada Obra Social La Caixa e o MAC lanzan un programa de apoio a familias en risco de pobreza

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress