Un edil de Lalín denunciado por abusos sexuais presenta a súa dimisión

|

HermidaariascuiaJosé Manuel Hermida, con Rafael Cuíña. Foto: Concello de Lalín


O edil de Actividade e Produción Agrogandeira do Concello de Lalín, José Manuel Hermida Arias, presentou a súa dimisión tras ser denunciado por un suposto delito de abuso sexual, acusación que asegura que é "totalmente falsa".


Nun comunicado remitido aos medios este mércores, o concelleiro do PSdeG expresou de forma "tallante e categórica" a súa inocencia con respecto aos feitos que se lle "pretenden atribuír" e destaca que toma a "difícil, dolorosa e inxusta" decisión de deixar o cargo por "responsabilidade e coherencia co ideario político" que defende.


Neste sentido, asegura que a pesar de que "o obxecto desta denuncia non garda ningún tipo de relación coa súa xestión pública ou coa súa actividade política", toma a decisión para impedir que "se utilicen as acusacións sen fundamento" para "prexudicar o goberno de Lalín".


Así mesmo, tamén o fai para "poder traballar sen interferencias de ningún tipo e, con todas as garantías, na defensa da súa inocencia e honorabilidade" que ve "menoscabada de forma inaceptable por mor destes feitos". "E talvez o máis importante, no plano persoal, librarme a min mesmo e sobre todo á miña familia dunha presión social e mediática absolutamente inasumible e inmerecida", indica.


Ademais, fixo un chamamento a que se respecte a súa presunción de inocencia, así como "a súa vida privada e a da súa familia" ante unha "situación kafkiana" na que ten a "conciencia absolutamente limpa e tranquila".


José Manuel Hermida, que fará efectiva a súa renuncia no pleno ordinario do mes de agosto, finalizou o comunicado mostrando o seu "máis enérxica e rotunda condena" a "calquera tipo de violencia machista ou conduta sexista".


Fontes consultadas por Europa Press confirmaron de que as forzas da orde abriron unha investigación para esclarecer os feitos tras recibir unha denuncia por suposto abuso sexual.

relacionada O PP de Lalín descarta presentar a moción de censura contra o goberno de Cuíña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress