Vilanova certifica tarxeta falsos de aparcadoiro para discapacitados

|

Parkingdiscapacitados


O goberno local de Pontevedra trasladou á Fiscalía dous casos de certificación de cartóns falsos de estacionamento para persoas con mobilidade reducida por parte do concello de Vilanova de Arousa.


"Non sei de quen é a responsabilidade", sinalou a edil de Seguridade Cidadá, quen confía en que se pescude "se as está facendo alguén do concello e son falsas, ou hai alguén que se dedica a falsificar certificados do concello que nin sequera saen de alí".


Con motivo do balance da campaña da Policía Local de Pontevedra contra o uso fraudulento de cartóns de aparcadoiro para persoas con discapacidade, Carme da Silva sinalou que no que vai de ano formuláronse 32 denuncias.


Ademais dos dous casos de cartóns falsos derivados á Fiscalía, detectáronse 12 usos indebidos por parte de condutores sen dereito a esta prestación, outros 12 de cartóns caducados, catro por utilizar cartóns a nome de persoas falecidas, e dous máis polo uso de fotocopias de cartóns das que se está comprobando a súa vixencia.


A concelleira de Seguridade Cidadá de Pontevedra criticou o uso destas autorizacións para fins que non corresponden, como ir ao ximnasio ou aparcar "onde se queira".


Foi o caso dun condutor de orixe andaluza que, estando en Pontevedra, aparcou en seis ocasiones nunha praza reservada "sempre acompañado dun menor, cando a persoa titular do cartón estaba en Andalucía. "E por se non lle chegase, deu positivo en alcol", ironizou Carme da Silva sobre a gravidade da infracción.

relacionada Desmantelan unha rede que falsificaba receitas para vender os medicamentos en Marrocos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress