O Tottenham e o Celta negocian o traspaso de Pape Cheikh

|

PapeCheikh2Pape Cheikh, nun adestramento.


Pape Cheikh pode ter os días contados na disciplina celeste. O Celta e o Tottehman negocian o traspaso do xogador, por unha cantidade que rolda os 10 millóns de euros.


O celtista non entra no once ideal de Unzué, pero está visto como un xogador con futuro desde o club inglés que dirixe Pochetino. De momento, á espera de acontecementos, segue adestrándose na Madroa co resto.


Segundo distintos medios, Pape está disposto a marchar á Premier, onde podería xogar Champions e recibir un salario maior. Tamén o Celta parece decantarse por pechar a operación, aínda que quedan diferenzas económicas por resolver.

relacionada Guidetti perde o inicio da liga por unha fracura de clavícula
relacionada Unzué espera a chegada dun xogador "con chegada e desborde"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress