Wenger ábrelle a porta de saída a Lucas Pérez

O técnico cede porque conta con moitos dianteiros. Na Coruña, Andone é dúbida para o domingo contra o Madrid.


|

LucasperezarsenalLucas Pérez, co Arsenal.


O técnico do Arsenal, Arsene Wenger declarou publicamente que lle abriu a porta de saída a Lucas Pérez porque conta con moitos dianteiros. "Se xorde unha boa oportunidade axudarémoslle", afirmou.


Mentres, na Coruña, Andone é dúbida para a estrea ligueira do domingo ante o Real Madrid por problemas físicos. O dianteiro adestrou este mércores á marxe do grupo e está pendente de probas médicas para determinar o alcance da súa doenza, co ruxerruxe da tan temida pubalxia. Así que Pepe Mel poderíase ver obrigado a poñer unicamente a Adrián na punta do ataque.


Sobre o partido do domingo e ante a presión aos árbitros que empezou Zidane tras a ida da Supercopa falou Arribas. O xogador non cre que as críticas do adestrador vaian determinar o encontro, pero si dixo desexar que os árbitros "este ano nos dean un pouco máis". "Temos que mirar por nós. Hai tempadas que che quitan máis e outras che dan", dixo.


Sobre as aspiracións, o deportivista explica que "houbo cambios e teremos que ir vendo cal é o noso sitio. Creo que temos un bo persoal e podemos aspirar a algo máis. Non é difícil porque fixemos poucos puntos, pero o obxectivo é ter un ano tranquilo".

relacionada Lucas Pérez, en venda, pero inalcanzable para o Dépor
relacionada Cristiano Ronaldo non estará no arranque da liga en Riazor
relacionada O Dépor ponlle números ao seu obxectivo: quedar entre 8º e 12º

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE