Galicia roza as 50 persoas afogadas no que vai de ano

A maioría das mortes producíronse nos meses de verán. En toda España creceu o número de falecidos respecto ao ano pasado.


|

Rescateancoradoiro


Un total de 47 persoas faleceron afogadas en Galicia no que vai de ano, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.


No conxunto do Estado, as persoas afogadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de agosto elévanse a 337, un 14,33 por cento máis das que se deron no mesmo período de 2016, con 43 mortes menos, 296.


Ademais dos falecementos por afogamento, no que vai de ano faleceron 48 persoas por accidentes ocorridos en espazos acuáticos e máis de 400 foron rescatadas en situacións de perigo.


O 58,7 por cento das mortes, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo, producíronse nos tres meses de verán, período no que tiveron lugar o 80 por cento dos rescates realizados, o que supón máis de 300 persoas rescatadas en espazos acuáticos.


POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS


Tras Andalucía, con 59 persoas falecidas, Valencia é a comunidade con máis vítimas mortais, con 49, seguida de Canarias e Galicia, con 47; Cataluña, con 35; Cantabria, con 19; Baleares, con 17.


O perfil da persoa afogada no que vai de ano en España corresponde a un home (80 por cento), de nacionalidade española (75 por cento), de 35 ou máis anos (71 por cento), morto na praia (51 por cento), ou en calquera outro espazo acuático sen vixilancia (90 por cento), entre as 10 e as 20 horas (70 por cento).

relacionada Falece afogado un home que se bañaba nun encoro de Bande
relacionada Morre afogado un home nunha praia de Cabanas
relacionada Salvan en Samil a un bañista que sufriu un infarto na auga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE