Gardacostas libios secuestraron dúas horas o barco dunha ONG española

A entidade de axuda a refuxiados Proactiva Open Arms denunciou que lles chegaron a ameazar con disparar desde a patrulleira.


|

PatrulleralibiaopenarmsPatrulleira libia. Foto: @campososcar


A ONG española Proactiva Open Arms denunciou que o seu barco foi secuestrado este martes en augas internacionais por gardacostas libios que "ameazaron con disparar" á tripulación se non acataba as ordes.


A organización contouno a través da súa conta de Twitter, onde o seu fundador, Óscar Camps, informou de que a patrulleira os obrigaba a ir a augas territoriais libias. "É un secuestro en toda regra", denunciou.


No barco de rescate atopábase tamén a deputada socialista por Pontevedra Lola Galovar, que informou ao PSOE do incidente.

Tras case dúas horas, con todo, a patrulleira siria deixoulles marchar, co que a ONG puxo rumbo a Italia.



relacionada España, disposta a acoller a 500 refuxiados máis ao mes este verán
relacionada Chegan á Coruña catro refuxiados sirios procedentes de Turquía
relacionada A Rede Galega de Apoio aos Refuxiados pide "desatascar" o proceso de acollida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE